Por un galego vivo, tamén no seo da igrexa

Coida a túa lingua Engadir comentarios

Domingo, 21 de setembro de 2008

Que o galego ten inimigos/as en todo o país é xa sabido; que a Igrexa Católica, aínda con positivas excepcións, foi unha intitución que pouco cariño lle demostrou á nosa lingua, tamén; pero, aínda así, hai casos que merecen capítulo aparte. E este é o caso de Armindo Iglesias.

Armindo, cura párroco de Vedra, xa foi motivo de comentario neste blogue hai un tempo, cando saíron á luz pública unhas súas palabras, dadas a coñecer a través dunha folla parroquial, nas que viña a pedir a desaparición do galego. Para Armindo, o galego é unha “incomodidade”, un “refugallo do pasado” e un “dialecto local”. Con ese concepto e nunha suposta defensa da modernidade e o progreso (que argumento máis aburrido, de tantas veces que nolo soltaron xa!), xustificou o seu desprezo cara a lingua da maior parte da súa freguesía, e incluso xustificou medidas nefastas, como a prohibición do galego nos seminarios que imperara noutro tempo.

Aínda que as súas declaracións non son novas, traemos isto hoxe aquí porque A Mesa, organización cívica en defensa da nosa lingua, acaba de lanzar unha iniciativa que pretende promover o envío de correos electrónicos de protesta tanto á Conferencia Episcopal Española (conferenciaepiscopal@planalfa.es) como ao Arcebispado de Santiago (arzsantiago@archicompostela.org).

Convidamos dende aquí a secundar esta iniciativa, para que o galego siga a ter futuro no noso país, tamén no seo da igrexa. Para quen non coñeza as célebres declaracións de don Armindo e queira atopar un argumento para enviar o correo electrónico, velaquí o enlace.

1 Comentario a “Por un galego vivo, tamén no seo da igrexa”

  1. carolina dixo:

    Moi fina a maneira que ten este “elemento” de chamarlle “paletos” os seus fregueses, é dicir, os que lle dan de comer.
    Se tanto lle interesa modernizarse e deixar “o arado” para usar o “tractor”, que se apliquen o conto os da sua secta. Ou, case mellor que non; a ver se así se estinguen dunha vez.

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Identificación