Xoves, 04 de setembro de 2008
“-¿Por que te meteches en política? A política é unha cochinada e ti mellor estarías na túa casa, facendo arte.
Son galegos e non conciben que Galiza poida salvarse cunha política honrada. Son galegos e non saben que Galiza necesita unha política súa, para conquerir o desenrolo normal da súa economía. Son galegos e non se decatan da necesidade dunha política que garantice a vida da nosa cultura. Son galegos e non saben que temos un destino hestórico que comprir, na Hespaña e no mundo.
Estes son os que din:
- Eu non sinto a necesidade de falar galego (porque esa necesidade non se sinte no bandullo).
- Eu atópome ben onde poida vivir con desafogo (porque levan a patria na sola dos zapatos).
- Eu non creo en ninguén (porque tampouco creen en si mesmos).
- Eu renego da política (porque saben que a política dá disgustos).
- Eu ríome dos políticos (porque cicais non toparon a ocasión de lamberlles os pés).
- Eu non perteñezo a ningún partido (porque non queren comprometer a súa tranquilidade).
Así son moitos galegos serios e sesudos na aparencia, que visten ben e saben impor respeto aos seus consocios de Casino.”
Así falaba Castelao de certa clase acomodada galega nos comezos do seu Sempre en Galiza, libro que, pouco a pouco, iremos extractando para animar a toda a xente a ler, de principio a fin, este obra imprescindíbel para a historia do noso país.




Setembro 4th, 2008 at 18:47
Menuda coincidencia!!!Onte estiven lendo esta mesma parte, supoño que para coller folgos para o novo curso político.
Sen dúbida que é unha obra imprescindíbel, se todo o mundo a lera había cambiar ben a maneira de pensar das galegas e galegos.
Pra min é coma unha “biblia” da que vou lendo pasaxes, e onde atopo o que busco…