Así quixesen que fose sempre a nosa lingua, peor que estranxeira!

O que hai que oír Engadir comentarios

Xoves, 09 de outubro de 2008

Hai cousas que, cando se len, hai que reler para contrastar que non é unha ilusión óptica: a UNED (a universidade pública a distancia) prohíbe que un alumno de filoloxía galega presente a súa tesina sobre o poeta Bernardino Graña en galego.

É absurdo, totalmente absurdo! Resulta que a UNED sinala que a presentación da tesina se poderá facer en castelán ou en calquera lingua oficial estranxeira! Manda truco! Pode presentala nunha lingua oficial estranxeira (poñamos por caso, en francés ou en polaco) mais non nunha lingua oficial española (seica era así o galego…).

Non, agora máis que nunca, a loita continúa. A UNED é unha universidade pública (polo tanto, pagada con cartos nosos), o galego a nosa lingua propia, e terá que estar presente.  Quen falou por aí de imposición do galego no ensino? No ensino tamén temos dereito á nosa lingua. Avante coa loita!

2 Comentarios a “Así quixesen que fose sempre a nosa lingua, peor que estranxeira!”

  1. carolina dixo:

    Pois non vin nada na web da Mesa.
    Menos mal que o PP e o Psoe din que son os grandes defensores da nosa língua! Xa!!
    INDIGNANTE E ABERRANTE.

  2. RAQUEL CASTRO dixo:

    e eu que me queixaba da udc… non son nada ó lado
    q triste

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Log in