Austeridade e monarquía

Está pasando Engadir comentarios

Xoves, 02 de outubro de 2008

O ministro de economía, Pedro Solbes, defende a capa e espada o seu proxecto de orzamentos do estado. Uns orzamentos, segundo as súas palabras, austeros e cun razoábel apoio ao gasto social. O que non entendemos é se a monarquía pode entrar dentro do concepto de austeridade, ou é que ten un razoábel apoio por un novo concepto do social.

Pódese tomar a chiste e pensar que todo se debe ao aumento en número de membros da familia real (esta xente debe ter moito tempo libre entre vacacións en Baqueira e vacacións en Mallorca, que non fai máis que reproducirse), pero o certo é que é para cabrearse: cando todo se reduce, o orzamento para a casa real (orzamento sobre o que non se exerce ningún control) sobe case un 3% até achegarse e rondar os 9 millóns de euros. Non haberá que ir pensando noutra forma de estado? E noutra organización do estado?

2 Comentarios a “Austeridade e monarquía”

  1. raquel castro dixo:

    boa nite (por dicir algo), aínda que republicanos somos moitos creo que se necesita unha mobilización social forte, nestes tempos de crise había que contarlles a esa xente que celbra tanto os nacementos de novos grandes de España que mentras que eles pasan apuros para chegar a fin de mes, ós que xa lles gustaría poder chamarse mileuristas, que a monarquía é unha “institución ” innecesaria e anti democrática. Obviamente a concienciación e a mobilización da poboación é unha tarefa moi difícil, pero non é moito mais penoso estarlle pagando os modelos de felipe varela entre outros á leti e compañia???? Desde a miña humilde opinión (pese que a humildade non é unha virtude que me caracterice) os que somos conscientes da aberración que supón manter a monarqía ( recordemos, aínda que todos o sabemos) que o actual rei foi nomeado por un dictador. Pero en fin a austeridade que afecte ós orzamentos sociais, que é como funciona este estado, pq sería moi triste non ter a leti entre as mais elegantes do mundo ou non sei en que ridícula lista. Como diría Mafalda ‘paren el mundo que me quiero bajar” ou ‘que difícil es reunir fuerzas para bajar el mundo’ é que polo visto loitar é inútil e o que hai que facer é ser conformista e deixar que todo siga xirando tal como desexan os que mandan, que realmente non son os que leximos, senón aqueles que gobernan e/ou dirixen o capitalismo mais froz que nos leva a que cada vez as desigualdades sexan maiores.. por que ó mundo ‘le duele el Asia’ ( tomade isto como que por este camiño que nos quren levar só chegaremos a que incluso lle den o dubidoso marabilloso título de miss universo á infanta elena… nada o pobo a calar que os peep toes que lle gustan á nai do futuro rei (pq estes ata que teñan neno non paran) son cada vez mais caros aínda que sexan nenos que viven malnutridos en fábricas do terceiro mundo, e agora unha pregunta… ¿ o 2º mundo existe?
    vou seguir lendo nasterrasdepondal e non facervcos ler mais.

  2. Cote dixo:

    No Estado español, o sistema político estabelecido é a monarquía parlamentaria (dacordo co artigo 1 da Constitución), e garánteno as Forzas Armadas (artigo 8), cuxo mando supremo corresponde ao rei (artigo 62). Onde está a soberanía popular, a liberdade para exercer o pluralismo político, se de calquera maneira a república non ten cabida? Se a vontade popular se expresara en contra disto, daquela os tres exércitos, co rei á fronte, encargaríanse de decidir coas armas e a Constitución na man cal é a orde legal.
    NOTA: Este texto está extraído do libro “Un Rey golpe a golpe”, do autor ou autora que escribe baixo o pseudónimo de Patricia Sverlo, da editorial Kalegorria e que podedes descargar desde a seguinte ligazón http://picapiedra.nireblog.com/post/2006/09/25/un-rey-golpe-a-golpe-biografia-no-autorizada-de-juan-carlos-de-borbon

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Log in