Bye bye, Bush!

Alén Miño Engadir comentarios

Venres, 10 de outubro de 2008

Falta pouco máis dun mes para que EEUU escolla sucesor a George W. Bush, o presidente que más opción deu á xente do humor gráfico para facer chistes á súa conta, cousa que veñen de aproveitar na revista satírica El Jueves para dedicarlle un especial. E é que Bush será sempre lembrado por Iraque, Afganistán, Guantánamo, Abu Ghraib… Sen embargo, a relación de frases absurdas que saíron da súa boca semella non ter límites. Pasen e vexan…

“A ilexitimidade é algo no que temos que falar en termos de non tela.”

“Se non facemos a guerra, corremos o risco de fracasar.”

“Creo que estamos nun camiño irreversíbel para máis liberdade e democracia. Pero as cousas poden cambiar.”

“Estou atento a non preservar só o poder executivo para min, senón tamén para os meus predecesores.”

“Sei que en Washington hai moitas ambicións. É natural. Pero agardo que os ambiciosos se dean de conta de que é máis fácil triunfar cun éxito que cun fracaso.”

“Sei que os seres humanos e os peixes poderán coexistir en paz.”

“Un número baixo de votantes é sinónimo de que menos persoas están indo votar.”

“Non é a contaminación a que ameaza o medio ambiente, senón a impureza do aire e da auga.”

“África é unha nación que sofre unha doenza terríbel.”

“Falei con Vicente Fox, o novo presidente de México, para ter petróleo que enviar a Estados Unidos. Así non dependeremos do petróleo estranxeiro.”

“Ben, ambos usamos dentífrico Colgate”, preguntado polas cousas que tiñan en común el e Blair.

“Vostedes tamén teñen negros?”, díxolle ao entón presidente do Brasil, Fernando Cardoso.

“Estamos empeñados en traballar con ambas partes para levar o nivel de terrorismo a un nivel aceptábel para ambas partes.”

“A gran maioría das nosas importacións veñen de fóra do país.”

“Se te despiden, quedas sen emprego ao 100%.”

“Terei unha política exterior orientada cara ao estranxeiro.”

En fin, e moitas máis. Se é que é difícil incluír todas as súas xoias!! Até sempre, “mister Danger”.

PD: Para quen quedase con ganas de máis frases célebres de Bush, algúns enlaces: Umberto Eco, unha web do Brasil,  Attac, a frikipedia, aporrea… Moitas das frases, a maioría, repítense, como é obvio.

1 Comentario a “Bye bye, Bush!”

  1. raquel castro dixo:

    eu contra ese asasino non teño nada, pero sin ánimo de benficiar a ningún medio direivos a todos a título informativo que certa publicación catalana que secuestraron en plena democracia por un debuxo da leti e o fillo de juanca na cama adicalle esta semana o mesmo lugar ó amigo de asnar que creo q o único admirable que dixo foi iso da republica de españa (ainda que españois nn somos pero postos a ser ir sacando merda) pois que falando de merda regalan un rolo de papel para o cú coa imaxe do tío sam que vive hoxe na casa branca

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Log in