Xoves, 30 de outubro de 2008
Impresionante! Nun programa de EEUU convidan a un instrumentista seica moi recoñecido,
un tal Yo-Yo Ma. Pero, mirade por onde, para acompañar a Yo-Yo Ma acuden outras catro persoas, e toda a atención acaba centrada na única muller: a galega Cristina Pato, coa súa gaita, triunfando nos EEUU.
Ollade as imaxes porque é moi chamativo: dende o comezo, aínda que presentan a Yo-Yo Ma, a cámara céntrase na galega, quen acaparará case a metade do tempo as imaxes, e incluso ao final, o presentador acabará despedíndoos como “Yo-Yo Ma and friends”, cando ao comezo só se referira ao instrumentista.
O dito, somos potencia, e só precisamos que nos vexan e nos escoiten. Un punto para a Cristina Pato!



Comentarios Recentes