The Homens

Xente da terra Engadir comentarios

Mércores, 01 de outubro de 2008

Como xa está ben de escoitar que non hai música na nosa terra, que a oferta musical na nosa lingua case non existe, queremos dende aquí romper unha lanza en favor da música da terra. Non será quizais tan numerosa como noutras linguas (á fin e ao cabo non chegamos aos 3 millóns de persoas na nosa terra, iso sen descontar a quen renegan da nosa fala), pero posibelmente sexamos un dos países con máis músicos/as por metro cadrado. Por iso, dende hoxe e cada pouco, iremos dando mostras de que en galego hai de todo, tamén na música.

E para dar boa mostra coa primeira pincelada, un xénero “menor”. Todo o mundo sabe que hai folclore en galego, case todo o mundo sabe que hai rock e pop en galego, pero quizais non todo o mundo saiba que existe acó o chamado “powerpop” (moita xente incluso descoñecerá o concepto en xeral). Na nosa terra, este xénero ten como máximo expoñente a tres rapaces de Santiago de Compostela. Eles fanse chamar The Homens, e o que segue é unha mostra do seu traballo.

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Identificación