Mércores, 29 de outubro de 2008
O conxuro da queimada é un dos textos que poderiamos definir como xa clásicos da literatura galega, maiormente transmitido de forma oral e que foi pasando de xeración en xeración dende fai centos de anos, algunhas veces con diferentes modificacións. Nos nosos tempos, quen quizais lle deu un formato máis moderno e vistoso, recubríndoo de música, foi o grupo español Mago de Oz.
Agora, ao abeiro do VII Encontro da Marcha Mundial das Mulleres, recentemente organizado en Vigo, apareceu un novo texto, o chamado Conxuro Feminista. Pasade (pinchade en ler máis), ollade, e valorade se o texto é atinado ou non (evidentemente, non se trata para nada de substituír o texto tradicional, que ninguén se asuste).
Meigas, bruxas, menciñeiras, labregas e mariñeiras
traballadoras da nosa terra
e todas as nosas devanceiras
espíritos antigos e sabios
petamos co noso alento
na escuridade da noite
Espertade coas nosas voces
Por vosoutras chamamos
Lumeeeeeeee
Lumeeeeeeee
Lumeeeeeeee
Lumeeeeeeeee
Lumeeeeeeeee
Espíritos fortes e bravos
das virxes libres
Espíritos transgresores das nais poderosas
Espíritos creadores das deusas esquecidas
A carón do lume sagrado
que aquí prendemos
chamamos por vós
para inspirarnos
Petamos co noso alento
na escuridade da noite
Espertade coas nosas voces
por vosoutras chamamos
Lumeeeeeee
Lumeeeeeee
Mulleres loitadoras de todos os tempos
Líderes das aldeas,
das vilas e das cidades
Mulleres en pé
no día a día
Xeradoras de sentido e de palabra
Acompañádenos nesta hora
Petamos co noso alento
Na escuridade da noite
Espertade coas nosas voces
Por vosoutras chamamos
Lumeeeeee
Lumeeeeeee
A carón do lume sagrado
que aquí velamos
convocamos a esta rolda
às mulleres empobrecidas
Às esquecidas
Às parias da terra
Às maltratadas e violadas
Que o voso espírito, mulleres,
Nos encha de xenreira creadora.
Petamos co noso alento
na escuridade da noite
espertade coas nosas voces
Por vosoutras chamamos
Lumeeeeeee
Lumeeeeeee
Convocamos coa nosa fartura
às nosas nenas
às nosas descendentes
às herdeiras de mundos soñados e libertarios
às que ollando as nosas luas
han honrar a nosa memoria
petamos co noso alento
na escuridade da noite
Espertade coas nosas voces
Por vosoutras chamamos
Lumeeeeeee
Lumeeeeeee
Con esta invocación
avivamos as chamas
deste lume sagrado
para que todas as nomeadas
nos acompañen nesta noite
Maniféstese en nosoutras
O voso espírito poderoso
Lumeeeeeeeee
Lumeeeeeeeee
E cando esta beberaxe sagrada
baixe polas nosas gorxas
que encha o noso peito
o noso ventre
o noso útero
e o noso sexo tamén
Maniféstese en nosoutras
O voso espírito poderoso
Lumeeeeeeeee
Lumeeeeeeeee
Que esta beberaxe feiticeira
latexe o salvaxe do voso ser
renove o noso corpo todo
dende os cabelos ata os pés
Maniféstese en nosoutras
O voso espírito poderoso
Lumeeeeeeeee
Lumeeeeeeeee



Comentarios Recentes