A crise que a pague o capital!

Está pasando Engadir comentarios

Venres, 14 de novembro de 2008

Esa foi unha das consignas que onte levaron a máis de 15000 persoas a saír ás rúas de todo o país para denunciar a saída errática que se lle está a dar á actual crise económica, solución que non entra para nada no fondo do problema (o sistema capitalista) e aínda o agravan (inxectando fortes sumas de diñeiro público que van parar ás entidades bancarias sen ningún control).

As manifestacións da CIG tamén reclamaron, máis unha vez, soberanía para a nosa terra, pois canto maior sexa a nosa capacidade de autogoberno menores serán sempre os efectos das crises e máis ferramentas teremos para combatelas de acordo coas nosas necesidades.

Xa levamos un par de meses a sentir falar da crise, e semella case algo asumido. Pero a loita ten que continuar porque as realidades estoupan cada día (hoxe, por exemplo, é a noticia dos despedimentos en Citroën). Por iso, coa CIG, na rúa, a loita continúa! E

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Identificación