Estudantado en loita!

Axenda Engadir comentarios

Mércores, 19 de novembro de 2008

Son moitas as agresións ao ensino público, e a mocidade ten que seguir en loita. Hoxe é día de loita e folga nas universidades galegas contra o plan Boloña de reforma do sistema universitario, e o mércores vindeiro (día 26) será día de folga en todo o ensino medio, en demanda da aplicación do novo decreto sobre galego no ensino, aplicación pendente cando vai aló máis dun ano da súa aprobación. Queda moito por loitar, a mocidade galega ten que seguir en pé!

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Identificación