Domingo, 02 de novembro de 2008
“Galiza é unha nacionalidade, e como tal foi recoñecida en Berna polo IX Congreso das Minorías Nacionaes Europeas, adscrito á Sociedade das Nacións. Tamén está recoñecida pola Terceira Internacional como nación asoballada. Pero hai galegos antifeixistas que aínda non o saben e hainos que non o queren creer. E por esto eu propóñome demostrar que Galiza é unha unidade nacional perfeita, e que, polo tanto, ten dereito a dispor dos seus destinos. [...]
Nación é unha comunidade estable, historicamente formada de idioma, de territorio, de vida económica e de hábitos psicolóxicos reflexados nunha comunidade de cultura. Somentes a eisistencia de tódolos signos distintivos, en conxunto, pode formar a nación. [...]
¿Ten Galiza un idioma proprio? ¿Ten territorio diferente? ¿Ten unha vida económica peculiar? ¿Ten hábitos psicolóxicos reflexados nunha cultura autóctona? Pois logo Galiza é unha nacionalidade, e, polo tanto, ningún antifeixista pode negarlle o dereito de autodeterminación; é decir, o dereito a gobernar a súa vida. Non esquezamos que todos nós somos antiimperialistas. Claro está que os galegos podemos dividirnos en canto á maneira e xeito de resolver os problemas que a morfoloxía social i económica de Galiza ten planteados; pero non sería honroso enaxenar o noso derito e o noso deber de resolvelo, declarándonos incapaces, ou agardando a que os alleos gobernen a nosa casa mellor que nós mesmos.”
Sempre en Galiza. Castelao



Novembro 3rd, 2008 at 22:18
Despois de tanto tempo por fin cumprin a promesa, tes no meu bogue, unha visión particular, quizais un tanto pesimista dun dos posíbeis futuros de galiza.
http://www.cuartos.blogaliza.org
Se todos os galegos pensasen coma ti e mais eu!