Orella pendella

Xente na rede Engadir comentarios

Sábado, 15 de novembro de 2008

Se nalgún sector de idade semella ter dificultades a nosa lingua, é nas novas xeracións que veñen. Traballar coa “xente miúda” é fundamental de cara a garantirmos o futuro normal do noso idioma, por iso debemos acoller como boa nova unha novidade na “rede galega”: chegou Orella pendella. Esta é unha páxina web que recolle boa parte da tradición oral galega, con achegas de todo o país, e centrando a temática nos xogos infantís (contos, ditos, refráns, adiviñas…). Acaba de nacer, así que deámoslle un longo futuro, e que cadaquén lles envíe as súas cousas.

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Identificación