Quen é Barack Obama?

Alén Miño Engadir comentarios

Mércores, 05 de novembro de 2008

Pois vaia pregunta máis absurda, non? Até onte era o único senador afroamericano, a partir de agora será tamén a segunda persoa en romper perfís na presidencia de EEUU: Kennedy foi o primeiro presidente católico, Obama será o primeiro presidente de cor negra da historia. Esta é toda a variación que o réxime, o poder estadounidense, permitiu en máis de douscentos anos de democracia, 44 presidencias, case sempre ocupadas por un determinado perfil humano: varóns (algo que aínda non variou), de raza branca e de relixión protestante (curiosa unha das imaxes dunha derrotada seguidora republicana, temendo, seica el o prometeu, o paso de Obama ao islam).

O que semella certo é que Obama conseguiu mobilizar a cuestión racial (a cidadanía de orixe hispana e afroamericana votou maioritariamente ao demócrata), pero tamén a mocidade (houbo un aumento seica espectacular de voto nesta franxa de idade) e, en xeral, a todas as persoas que sempre se sentían apartadas, excluídas do réxime, o cal motivou un dos factores clave: foron as eleccións con maior número de votantes.

Isto fai que o propio McCain, o seu rival, recoñecese inmediatamente que a de onte fóra unha xornada histórica. Mais, é realmente Obama unha revolución? Cabe agardar cambios substanciais na primeira potencia mundial? Todo leva a pensar que non. En calquera caso, Obama puido, veremos se agora, verdadeiramente, é posíbel o cambio que tanto prometeu.

 

2 Comentarios a “Quen é Barack Obama?”

  1. suqui dixo:

    EEUU é un país moi grande e, como lle pasa ós grandes barcos, non é doado facelo virar. Eu non esperaría grandes cousas…

  2. Carolina dixo:

    Entre malo e pésimo gañou o malo. Bueno, menos é nada. Pero non esquezamos que este home está orgulloso de ser norteamenricano (”ai de los mios aunque sean jodidos!!”); a min que alguén me explique como, senon, despois de todo o que sufriron os afroamericanos nesa terra onde todos os soños disque se poden facer realidade, o novo presidente está a favor da pena de morte. Pero só en algúns casos eh!, non vaiades pensar!!

Deixa un comentario

Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Identificación