Xoves, 08 de xaneiro de 2008
Velaquí o decálogo que todo informador/a debe ter claro ao redactar unha noticia sobre Oriente Medio:
1. En Oriente Próximo, son sempre os árabes quen atacan primeiro, e sempre é Israel quen se defende. Esa defensa chámase “represalia”.
2. Nin árabes nin palestinos nin libaneses teñen dereito a matar civís. Iso chámase “terrorismo”.
3. Israel ten dereito a matar civís. Iso chámase “defensa lexítima”.
4. Cando Israel mata civís en masa, as potencias occidentais piden que o faga con maior comedimento. Iso chámase “reacción da comunidade internacional”.
5. Nin palestinos nin libaneses teñen dereito a capturar soldados israelís dentro de instalacións militares con centinelas e postos de combate. Iso chámase “secuestro de persoas indefensas”.
6. Israel ten dereito a secuestrar a calquera hora e en calquera lugar a cantos palestinos e libaneses lles apeteza. A súa cifra actual ronda os dez mil, dos cales trescentos son nenos. Non se precisa proba de culpabilidade. Israel ten dereito a manter secuestrados presos indefinidamente, aínda que sexan autoridades democraticamente elexidas polos palestinos. Iso chámase “encarceramento de terroristas”.
7. Cando se menciona a palabra “Hezbollah”, é obrigatorio engadir na mesma frase “apoiados e financiados por Siria e por Irán”.
8. Cando se menciona “Israel”, está terminantemente prohibido engadir “apoiados e financiados polos EEUU”. Iso podería dar a impresión de que o conflito é desigual e de que a existencia de Israel non corre perigo.
9. En informacións sobre Israel, hai que evitar sempre que aparezan as seguintes locucións: “territorios ocupados”, “resolucións da ONU”, “violacións dos dereitos humanos” e “Convención de Xenebra”.
10. Os palestinos, o mesmo que os libaneses, son sempre “cobardes” que se agochan entre a poboación civil, que non os quere. Se dormen na casa coas súas familias, iso ten un nome: “cobardía”. Israel ten dereito a aniquilar con bombas e misís os barrios onde durmen. Iso chámase “acción cirúrxica de alta precisión”.
11. Os israelís falan mellor inglés, francés, castelán ou portugués que os árabes. Por iso merecen ser entrevistados con maior frecuencia e ter máis oportunidades que os árabes para explicar ao gran público as presentes regras de redacción (da 1 á 10). Iso chámase “neutralidade xornalística”.
12. Todas as persoas que non estean de acordo con estas regras son, e así debe facerse constar, “terroristas antisemitas de alta perigosidade”.
Pobre Palestina, cos medios de información das sociedades libres!



Xaneiro 9th, 2009 at 23:27
Este sábado todos ás concentracións contra a barabarie que están cometendo os israelís en Gaza!
Moi interesante o dodecálogo