Xan 01
Xoves, 01 de xaneiro de 2009
Como aínda estamos recuperando o corpo, comezamos o ano dun xeito suave, recomendando unha viaxe polo país sen saírmos da casa.
Tal posibilidade (en certa medida) é a que nos ofrece unha nova páxina recén aberta na rede: Xanela Galiza. Botádelle un ollo e mirade se non podemos presumir de país.
Chuza!
Set 10
Mércores, 10 de setembro de 2008
Foi Vicente Risco quen acuñou a famosa frase: “Ti dis: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo”. Nestes días puidemos ollar, nun artigo no seu blogue de Séchu Sende, que isto non é ningunha mentira, e que sen saírmos das nosas terras podemos pasear por terras de todos os continentes, dende Belém a A Cuba, dende Bizcaia a Roma, de Nantes a Florida. Pero hai moito máis…
Ler máis… »
Chuza!
Comentarios Recentes