O traballo do nacionalismo é ben valorado

Está pasando Comentar este artigo »

Domingo, 14 de setembro de 2008

Co arrinque do ano político caen sempre as primeiras enquisas, e en ano electoral galego toman especial relevancia os datos, a sete meses, aproximadamente, da cita galega coas urnas. Da enquisa que hoxe publica La Voz de Galicia, quizais un dos titulares sexa o que dá título a este artigo: o traballo do nacionalismo é ben valorado. Ler máis… »

Chuza! Chuza!

Tambores de guerra para un mundo novo

Alén Miño, Está pasando 1 Comentario »

Venres, 12 de setembro de 2008

Aínda onte falabamos nesta tribuna da morte de Salvador Allende, e do descarado papel que na súa caída e posterior subida ao poder do ditador Augusto Pinochet tiveran os EEUU, papel que a historia xa ten máis que demostrado. E falabamos do dobre xogo ianqui, das consecuencias que en norteamérica, en parte, tamén padeceran, e da reflexión precisa.

Mais temémonos que non vai ser así. A realidade do mundo, os propios sucesos e acontecementos do 11 de setembro (de 2008) indican que o mundo cambiará, mais non a base de receitas democráticas. O primeiro goberno digno en moitos anos que rexe os destinos de Bolivia, o de Evo Morales, segue a ter que aguantar os continuos actos de boicote internos, pero non exclusivamente, pois máis unha vez a negra sombra norteamericana semella estar detrás de moito do que acontece en Sudamérica. Hugo Chávez xa expulsou ao embaixador norteamericano de Caracas (en Venezuela tamén tentou, non hai moito, dar un golpe de estado EEUU), ao igual que xa fixera Evo Morales, e semella que algo había movéndose por aí.

A man negra de EEUU xa non é tan sombra, que é moi realidade, e ocupa o mundo enteiro: estivo trala morte de Allende, estivo trala tentativa de golpe de estado contra Chávez, seguramente estea nas revoltas contra Morales, e pulula mundo adiante sementando o desequilibrio interno de moitos países. 

EEUU non entende de democracia, entende de intereses. Pouco importa que os gobernos de calquera país do mundo sexan lexítimos ou non, importa que sexan leais ás súas ordes. Esta hipócrita lóxica permite relacións cordiais con Arabia Saudí e non as permite con Cuba, por exemplo, e permite defender nuns casos o suposto dereito á integridade territorial e, noutros casos, o dereito contrario. Comparade, senón, o dobre discurso de Bush (e tamén da Europa lacaia) nos casos de Cosova e Osetia.

EEUU emprendeu moitas guerras, moitas delas con resultados que quedaron gravados nas nosas retinas: Vietnam, Iraque, os balcáns… pero non aprende, e a nova clase política non mellora as expectativas. Obama amosou unha mensaxe ambigua sobre o Afganistán, e Sarah Palin, candidata a vicepresidenta con McCain, deixou entrever aínda onte que o escenario de guerra con Rusia (voltará a guerra fría?) non era descartábel segundo como avanzasen os acontecementos en Xeorxia.

Que mundo é este? É a historia tan cíclica e está tan condenada a repetirse? Aceptará algunha vez a clase política do primeiro mundo (EEUU e UE, fundamentalmente) o verdadeiro significado da palabra democracia coa que tanto se enchen a boca? Será este o concepto que teñen de democracia? Será que pensan construír un mundo novo (e democrático…?) a base de facer retumbar os tambores de guerra?

A democracia non se entende nin aquí nin aló. Tamén en España, a prohibición reiterada por parte do tribunal constitucional para a organización do referendo proposto polo lehendakari é unha mostra do paso atrás: que caste de democracia é esta na que non é legal consultar á cidadanía? Será que acaso prefiren ”consultas” como a que no seu día organizaron para colarnos a constitución europea, consulta que non era vinculante, con toda a propaganda do estado (cousa non permitida) do seu lado e sen esixirse ningún mínimo de participación?

O mestre Castelao deixou moitos cadros sobre a guerra, un deles o que abaixo se reproduce, co lema “A derradeira lección do mestre”. E o mestre Castelao teorizou moito e del sacamos moitas leccións, algunhas ben claras: a guerra non é democracia.

Chuza! Chuza!

Galiza, sen cobertura

Está pasando Comentar este artigo »

Martes, 09 de setembro de 2008

Pois si, na altura de setembro de 2008 e Galiza segue practicamente sen cobertura de telefonía móbil en todo o país por parte de ningunha das operadoras de telefonía móbil. Os galegos e galegas seguimos, ben entrado o século XXI, sen dispor dunha oferta mínima de servizos de telefonía móbil (páxinas web, atención ao cliente, menús dos terminais…) na nosa lingua. En todo caso, semella que algo cambiará.

Ler máis… »

Chuza! Chuza!

Non ás touradas!

Está pasando Comentar este artigo »

Sábado, 06 de setembro de 2008

Segue habendo quen quere introducir na Galiza un elemento que é totalmente alleo á nosa cultura: as touradas. No concello da Coruña, a pesar da escasísima repercusión que teñen ano a ano, seguen a investir diñeiro en organizar corridas de touros. E a vila de Pontevedra é outro dos lugares onde insisten en manter nas programacións das festas este evento.

Dende aquí berramos e reivindicamos: a tortura non é cultura, nin moito menos é unha festa, nin nacional nin doutro tipo. Este espectáculo bárbaro non pode ter máis que o noso rexeitamento.

Chuza! Chuza!

Plano de acuicultura: a verdadeira historia

Está pasando Comentar este artigo »

Sábado, 30 de agosto de 2008

O Consello da Xunta daba luz verde, o pasado xoves, ao Plano de Acuicultura. Todos os flashes estaban postos no adianto ou non adianto electoral, e quizais por iso Touriño aproveitou para meter un dos temas máis conflitivos dos últimos tempos, agardando que quedase á sombra da gran noticia. En calquera caso, Bergantiños e a Costa da Morte non van deixar pasar por alto esta aprobación, e é o momento dunha análise seria, rigorosa, que poña luz sobre o asunto, así que iso intentaremos.

Ler máis… »

Chuza! Chuza!
Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Log in