Sobre a necesidade do compromiso co país

Liñas de combate 1 Comentario »

Xoves, 04 de setembro de 2008

“-¿Por que te meteches en política? A política é unha cochinada e ti mellor estarías na túa casa, facendo arte. Ler máis… »

Chuza! Chuza!

O galego e o Pórtico da Gloria

Liñas de combate Comentar este artigo »

Luns, 18 de agosto de 2008

“Ningún idioma alleo -por ilustre que sexa- poderá eispresar en nome do noso os íntimos sentimentos, as fondas doores e as perdurables espranzas do pobo galego; se aínda somos difrentes e capaces de eisistir, non é máis que por obra e gracia do idioma. Ler máis… »

Chuza! Chuza!

Nin diante nin detrás, de par

Liñas de combate Comentar este artigo »

Luns, 11 de agosto de 2008

“Di a sentenza reaccionária e inmobilista que detrás de todo grande home hai unha grande muller. Alén de hierárquica, totalmente inexacta: detrás de todo home -aceitemos por unha vez a xeneralización- hai, adoita haber, unha muller abaixada, unha semi-persoa con, ao menos, a metade da vida e do tempo dedicados a facé-lo a el home completo, xa que non grande…

Paga a pena decatarmo-nos disto ou seguimos de costas viradas a desigualdade tan evidente no interior da nosa sociedade?”

María do Pilar García Negro

Chuza! Chuza!

Tributo a Rosalía

Liñas de combate Comentar este artigo »

Sábado, 02 de agosto de 2008

Rosalía de Castro representa unha figura senlleira das nosas letras, a grande cantora da Galiza que non se resigna. Moitos son os versos que ten deixado, como aquel “Castellanos de Castillla” ou a “Negra sombra”, mais hoxe queriamos renderlle aquí un tributo á súa persoa, e para iso recordamos a dous homes que a homenaxearon como nós non saberiamos facelo: Curros Enríquez e Amancio Prada.

Ler máis… »

Chuza! Chuza!

Analfabetos gabanciosos

Liñas de combate Comentar este artigo »

Venres, 18 de xullo de 2008

Chámase analfabeto aquel que non sabe lere nin escribire e, polo xeral, aplícase iste cualificativo os que non manexan a lectura nin a escritura do propio idioma, do idioma nativo.

Porque, fora de ahí, todos somos analfabetos dos idiomas alleos e, sinón todos e de todos, sí, polo menos, dos máis diles.

Ler máis… »

Chuza! Chuza!
Tema & Iconos grazas a N.Design Studio
Artigos RSS Comentarios RSS Log in