Hai días que se está mellor na cama. Ás veces, en espertando, hai que oír cousas difíciles de asumir. Hoxe é o día máis longo do ano, e hai cousas que fan que se faga aínda máis grande. Un grupo de “intelectuais” veñen de asinar publicamente un “manifiesto por la lengua común”. Din que moitas veces se usa a lingua de forma ideolóxica ou partidaria. Supoñemos que quen tal di se referirá a actos coma este.
Hai xente á que é moi malo deixarlle falar, porque despois despáchanse a gusto e xa non hai remedio. Tal lle acontece ao cura párroco de Vedra, quen despois de soltar barbaridades mil e unha sobre o “dialecto gallego”, deita nun libro, “Colección de trozos”, un bo número de xoias da igualdade que predica a igrexa á que representa. O “gracioso” do asunto é que o libro foi financiado por particulares: lerían o contido e serán, polo tanto, en parte responsábeis das barbaridades que nel se din?
Como xa fixemos onte, imos fuxir de comentarios e limitármonos a expor algúns dos extractos do libro, que aparecen recollidos nunha nova en El Correo Gallego:
Hai tempo xa que se vén defendendo a teoría, que dende aquí apoiamos, de que se non hai conflito lingüístico na Galiza é porque quen falamos galego non queremos que o haxa e aceptamos a situación de desigualdade actual, tolerando a imposibilidade de vermos cinema en galego, de casar na nosa lingua, dunha xustiza digna de ser chamada galega, dun ensino posíbel no noso idioma. Pero mirade por onde, co tempo, non foi así, e os tímidos avances do galego fan que outros levanten a caixa dos tronos e se teñan lanzado xa nunha campaña nada disimulada contra a lingua propia de Galiza.
Que a Igrexa católica anda, por veces, a monte, era unha evidencia. Mais ás veces empéñase en superarse a si mesma. Hoxe imos aforrar comentarios e limitármonos a extractar algunhas frases recollidas nunha folla parroquial en Vedra sobre a nosa lingua. Aforramos comentarios porque non fan falla: ler para crer:
Intentan vendernos unha España moderna, pero a pouco que se rasca, sae á luz o verdadeiro cariz da “una, grande y libre”. O alcalde popular de Morón de la Frontera acaba de facer alcaldesa de honra da vila á virxe “María Auxiliadora”.
O “espectáculo” plenario, do que aquí vos deixamos unha reportaxe gráfica, foi maiúsculo. O alcalde rematou pedindo que se cantase no pleno unha “salve” (manda carallo co laicismo, aconfesionalidade ou como lle chamen…). O PSOE, co seu talante natural, optou por non acudir (así tampouco tiveron que opoñerse). Si quedou Izquierda Unida, que se levantou do asento cando o alcalde pediu que se cantase a salve. Nese momento, o alcalde pediu ademais que se asubiase a IU por este xesto. Un espectáculo ben triste na que quere ser unha democracia moderna. Por un estado laico, pero xa!!, que fai moita faltiña…
Comentarios Recentes