Nas terras de Pondal

Poesía contra a ignorancia
Sábado, 17 de maio de 2008

No Día das Letras (e mañá, odiadas letras, que diría O Carrabouxo), é un bó día para clamar contra quen aproveitan este día de forma folclórica (institucións, La Voz de Galicia…) para presumir dunha lingua que ignoran os 364 días restantes do ano. Por iso, hoxe máis que nunca, lembramos e damos cabida aos versos do grande Celso Emilio Ferreiro.

DEITADO FRENTE Ó MAR…

Lingua proletaria do meu pobo

eu faloa porque si, porque me gusta

porque me peta e quero e dame a gana

porque me sae de dentro, alá do fondo

dunha tristura aceda que me abrangue

ó ver tantos patufos desleigados,

pequenos mequetrefes sen raíces

que ó pór a garabata xa non saben

afirmarse no amor dos devanceiros,

fala-la fala nai,

a fala dos abós que temos mortos,

e ser, co rostro erguido,

mariñeiros, labregos da linguaxe,

remo e arado, proa e rella sempre.

Eu faloa porque si, porque me gusta

e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo

unha historia contada noutra lingua.

Non falo prós soberbios,

non falo prós ruíns e poderosos,

non falo prós finchados,

non falo prós estupidos,

non falo prós valeiros,

que falo prós que aguantan rexamente

mentiras e inxusticias de cotío;

prós que súan e choran

un pranto cotián de volvoretas,

de lume e vento sobre os ollos núos.

Eu non podo arredar as miñas verbas de

tódolos que sufren neste mundo.

E ti vives no mundo, terra miña,

berce da miña estirpe,

Galicia, doce mágoa das Españas,

deitada rente ó mar, ise camiño…

Nace Blogues pola lingua
Venres, 16 de maio de 2008

A poucas horas para unha nova conmemoración do Día das Letras Galegas e a algunhas máis de que teña lugar en Santiago de Compostela unha grande manifestación polo dereito a vivirmos en galego (domingo, ás 12, na alameda) xorde unha nova iniciativa na rede: Blogues pola lingua.

A iniciativa pretende poñer en marcha dende a rede diferentes iniciativas de promoción e defensa do galego, e conta xa co apoio de máis dun cento de bitácoras (entre elas Nas terras de Pondal) apenas 48 horas despois de botar a andar.

A iniciativa xorde dun grupo de media ducia de blogueiros/as que decidiron buscar a unión de quen escribimos en galego na rede dunha forma consciente. A idea débeselle a Xabier Pérez Igrexas (Contradiscurso 3.0), Xacobe Abel Fernández (Sempre en Galiza), Silvio Falcón (O caderno do Silvio), Silvia Bermúdez Pérez (Galiza Subversiva), Alberte Mera (O do Alberte) e o blogue Selva de Esmelle. Parabéns.

Por unha Palestina libre
Xoves, 15 de maio de 2008

Global Voices Online  pide que hoxe a blogosfera dedique a data a rememorar o padecemento do pobo palestino. O motivo da escolla é que foi un 15 de maio de hai xa 60 anos que o pobo israelí decidiu asentarse nunha terra que non era súa, o cal deu lugar ao conflito de Oriente Medio, que dura até hoxe. A desigual correlación de forzas, co indignante apoio dos EEUU a Israel, fai que o movemento antiimperialista non poida estar máis que do lado palestino e reclamar dende xa a fin da ocupación e do uso da violencia.

Diversas webs galegas recollen hoxe novas sobre Palestina, como Vieiros, Chuza ou A Nosa Terra. Dende aquí, humildemente, co pobo palestino, até a vitoria sempre.

A teoría da relatividade
Mércores, 14 de maio de 2008

Ramón Varela, alcalde de Malpica de Bergantiños, quizais sexa unha das persoas máis idóneas da actualidade para explicar a teoría da relatividade, ou, índomos ao caso concreto, como un papel pode circular de Malpica de Bergantiños á Coruña en apenas dous días, e como outro papel, en principio de semellantes características, tarda un mes en chegar a Madrid, se é que chegou. Poida que as comunicacións coa capital do Estado non estean no seu mellor momento, ou pode que o servizo de correos atope unha fronteira natural nalgún punto entre A Coruña e Madrid, non o sabemos.

Como recordarán, Malpica de Bergantiños viuse envolta nunha polémica os pasados días porque un acordo plenario que non interesaba (ou si interesaba, pero en sentido contrario, isto é, para utilizalo no seu favor) ao alcalde tardou quince días en ser posto sobre o papel e ser remitido a Madrid (Xunta Electoral de Zona) para que permitisen o nomeamento do concelleiro que substituíse á demitida Emma Abella.

Pois moito mellorou a administración malpicana en menos dun mes. Aínda sen sabermos se aquel papel chegou a onde tiña que chegar, hoxe o Boletín Oficial da Provincia recolle un anuncio no que se publican acordos do pleno que tivo lugar o xoves pasado, isto é, hai menos de unha semana.

Será que o acordo que agora había que publicar si interesaba á alcaldía (entre outras cousas, aí vai incluído un aumento de salario para el e o seu socio de goberno) ou será que nós somos moi mal pensados/as?

O soño da razón produce monstros
Martes, 13 de febreiro de 2008

Onte falabamos de tres monstros do humor, mais hoxe temos que falar doutro tipo de monstruosidades. E é que o falar non ten cancelas, e por iso é que nos queda moito que oír, moitas barbaridades. A liberdade de prensa é unha máxima de calquera democracia, a independencia desta debera ser unha das súas virtudes. Nestas nosas terras, lamentablemente, non é así.

O nunca suficientemente ben valorado xornal La Razón deleitábanos fai uns días cunha noticia (non está, cando menos na súa edición dixital, asinado por ninguén, polo deben consideralo noticia) sobre a actividade do polifacético Séchu Sende. Neste artigo, que leva por título “Las obscenidades, también en gallego”, ponse, por así dicilo, a caer dun burro, ao Séchu, collendo de forma literal preguntas que tiñan un claro ton retórico. Claro está, se non nos queremos entender, pois non nos entendemos. Se o artigo é “para enmarcar”, hai que destacar que a resposta no blogue Made in Galiza tamén é apoteósica. Lédea.

Pero La Razón, con ser antigalego, non é quizais o peor dos medios de comunicación. Para quen guste das emocións fortes de verdade, que se atreva con Libertad Digital. Por exemplo, en días pasados atopámonos con este artigo de Cristina Losada. O título, novamente, dío todo: “La cría del alevín de nazi”. “Centros de adoctrinamiento nacionalista”, “así las gastan los nacionalistas” ou “Con el consentimiento de los necios, avanza la cría de los pequeños nazis” son algunhas das lindezas. Quen teña estómago de abondo, que lea o artigo completo.

Se alguén aínda non tiña razón para estar este domingo na grande manifestación nacional de Santiago de Compostela, agora xa a ten. Que non falte ninguén!!

Os tres monstros do humor, entre nós
Luns, 12 de maio de 2008

Esta semana estamos de noraboa: os que quizais sexan os tres mellores contadores do país estarán na bisbarra de Bergantiños nunha semana das letras con espectáculos para todos os gustos. Deixámosvos aquí un aperitivo destas actuacións, animándovos a ir velos e a participar do resto de actividades.

Primeiramente, o mestre Quico Cadaval actúa hoxe mesmo, ás dez da noite, na Casa dos Veciños do Couto, dentro do programa das Festiletras. Do pouquiño que demos atopado no Youtube deste home xenial deixámosvos aquí un entrante. A calidade non é moi boa porque esta xente, afortunadamente, ten o san costume de baixar a botar contadas ás tabernas, e nunha destas é onde se fixo a gravación.

<object width="425" height="355"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/stCWSnRdfsA&rel=0&color1=0xd6d6d6&color2=0xf0f0f0"></param><param name="wmode" value="transparent"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/stCWSnRdfsA&rel=0&color1=0xd6d6d6&color2=0xf0f0f0" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" width="425" height="355"></object>

Xa o mércores, Candido Pazó repetirá hora e escenario. De veras que o programa das Festiletras, no seu conxunto, merece un dez. Velaquí unha píldora de Candido Pazó.

<object width="425" height="355"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/RtvV3R-MYg0&rel=0&color1=0xd6d6d6&color2=0xf0f0f0"></param><param name="wmode" value="transparent"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/RtvV3R-MYg0&rel=0&color1=0xd6d6d6&color2=0xf0f0f0" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" width="425" height="355"></object>

E xa o venres, ás nove da noite, actuará no Pazo da Cultura Carlos Blanco, desta volta acompañado por Manecas Costa, que acoden a presentar o seu novo espectáculo conxunto. Na rede atopamos varios vídeos do seu programa “Somos potenzia”. Velaquí un deles.

<object width="425" height="355"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/kUJD16XzEhg&rel=0&color1=0xd6d6d6&color2=0xf0f0f0"></param><param name="wmode" value="transparent"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/kUJD16XzEhg&rel=0&color1=0xd6d6d6&color2=0xf0f0f0" type="application/x-shockwave-flash" wmode="transparent" width="425" height="355"></object>

O dito, a gozar da semana das letras, e o domingo non se esquecer: manifestación nacional en Santiago de Compostela polo dereito a vivirmos en galego.

18 de maio, polo dereito a vivirmos en galego
Domingo, 11  de maio de 2008

Buño está de noraboa
Sábado, 10 de maio de 2008

A localidade oleira de Buño está de noraboa. O Consello de Ministros/as vén de anunciar os premios das belas artes 2007, que buscan premiar a difusión da arte e a cultura, e entre a listaxe aparece a oleiría de Buño, no seu conxunto.

Dende esta modesta tribuna dar os parabéns á toda a xente de Buño que durante tantos anos vén conservando e mantendo viva tan nobre arte. Na listaxe aparecen ademais outros dous premios con raíces galegas: a cantante Luz Casal e o deseñador Roberto Verino.

Algo se debe estar a facer ben na Costa da Morte, porque xusto o día antes (isto é, o xoves) tamén se entregaban en Carballo os diplomas de calidade turística a vinte e nove establecementos das comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra, entre os que se atopaban os Baños Vellos ou o Pazo do Souto.

Os premios “antilingua”
Venres, 09 de maio de 2008

Hoxe vimos de coñecer unha iniciativa ben interesante destas que circulan pola rede. A imitación dos “razzies”, os coñecidos como antióscar, a web Galicia Profunda pon en marcha unha votación electrónica para escollermos ás persoas que menos fixeron pola lingua galega ou, quizais, quen máis a atacaron ou máis dano lle fixeron.

A votación divídese en tres categorías: boina de ouro, sacho de ouro e fouciño de ouro.

O premio boina de ouro será para quen, a xuízo das persoas que voten, menos teña feito en favor do galego ao longo da historia. Dende a web proponse como candidatos iniciais a Francisco Franco Bahamonde e os Reis Católicos, pero xa teñen aparecido outras moitas propostas, tales como Fraga, La Voz de Galicia ou a igrexa católica.

O premio sacho de ouro será para quen menos fixer polo galego nas últimas dúas décadas. Proponse inicialmente a Rajoy, Touriño e a Real Academia, tendo xa aparecido como propostas Paco Vázquez ou a TVG.

O premio ao fouciño de ouro céntrase na peor persoa ou entidade para a lingua no último ano. Dende Galicia Profunda propoñen a Galicia Bilingüe, o xefe de sección do Carrefour da Coruña e os avogados da Cope. Nesta altura figuran xa con candidatura a COPE ou a selección galega de fútbol, aínda que a votación está liderada claramente por Galicia Bilingüe.

Animádevos a participar, a iniciativa é ben xeitosa.

Paridade: da teoría á realidade
Xoves, 08 de maio de 2008

Moito se ten avanzado, ben certo é, no tema da igualdade. Non obstante, hai mudanzas que van moi amodiño. Zapatero presentou un goberno paritario, o galego case o é, pero na práctica cotiá, no máis próximo, estes obxectivos semellan máis lonxe de cumprirse.

Vén a reflexión a conto de que estes días falamos abondo de Malpica de Bergantiños. Precisamente alí haberá, dende xa, unha das corporacións municipais con menos mulleres, posiblemente, de todo o país. Trala demisión dunha concelleira socialista hai ben pouco, substutuída por un varón, e a recente demisión da nacionalista Emma Abella, que tamén vai ser relevada por un home, ficará unha única muller nun salón de plenos con 13 asentos. Unha porcentaxe paupérrima.

Pero hai outros datos para a análise. En Bergantiños e a Costa da Morte non hai nin unha soa alcaldesa (Gema Freire foino en Corcubión até non hai pouco de xeito ocasional), e case todos os grupos municipais teñen máis homes que mulleres (poucas excepcións, como a do BNG da Laracha, ou algúns casos nos que só hai unha representante e é muller, como no PP de Corcubión ou no BNG de Fisterra).

O dito, déronse pasos adiante, pero as mulleres das terras de Bergantiños e Costa da Morte aínda teñen que facerse oír. É, sen dúbida, algo necesario. As corporacións locais tamén teñen que ser representativas da nosa sociedade.