Martes, 08 de xullo de 2008
Xa está aquí o cartaz da presente edición do festigal, hai que dicir que é bastante chulo, non? Vémonos en Compostela pola festa da patria!
Martes, 08 de xullo de 2008
Xa está aquí o cartaz da presente edición do festigal, hai que dicir que é bastante chulo, non? Vémonos en Compostela pola festa da patria!
Martes, 08 de xullo de 2008
Unha muller especial, única, Asunción Antelo tivo, cando menos, de forma merecida, a homenaxe que moita outra xente non puido ver en vida. A Asociación de amigos e amigas de Asunción Antelo, e as asociacións San Mamede (de Seavia) e Monte Branco (do Couto) brindaron a esta lonxeva artista un recoñecemento de seguro ben gañado.
Luns, 07 de xullo de 2008
Hai quen di que o castelán está en perigo. É a mesma xente que afirma que España é un estado que respecta a pluriculturalidade e o plurilingüismo. É a mesma xente que aínda cre nos “mundos de Yupi”. A realidade é que é só unha fachada. Aos feitos nos podemos remitir.
Domingo, 06 de xullo de 2008
Chuza! representa unha oportunidade de información alternativa, construída de forma colectiva, e que recolle información, sobre todo, allea á que podemos atopar nos medios de comunicación convencionais.
Sábado, 05 de xullo de 2008
Falabamos de fútbol e lingua común, a realidade que nos queren impoñer os e as ”non-nacionalistas”, porque nacionalistas, seica, son só os e as demais. A realidade, moi outra.
Aproveitan a exaltación dun mero éxito deportivo para negar a diversidade, e claman en favor da defensa dunha lingua común (que para nada está en perigo) mentras pechan os ollos a unha realidade que velaí está. Ollade, senón, uns poucos recortes de prensa. Ler para coñecer (clicade nos números): 1, 2, 3, 4, 5, 6… e poderiamos seguir, pero para que? Fai falla? Na Galiza, en galego!
Venres, 04 de xullo de 2008
Ollen estas dúas imaxes, matinen un pouco, e despois, parolamos. O que hai que ver…
Xoves, 03 de xullo de 2008
Dominar varias linguas é importante, interesante, enriquecedor. Dende aquí defendemos o uso do galego como a nosa lingua propia, mais valoramos como tremendamente positivo o coñecemento das linguas do mundo que nos permiten comunicarnos con moita xente alén Miño. Por iso, saudamos como positiva a nova, que estes días recollen varios medios de comunicación, de que o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e a conselleira de educación, Laura Sánchez Piñón, veñan de presentar campamentos de idiomas, malia que non entendemos que teñan que levar algúns fóra do territorio galego, pois para aprender francés ou inglés non entendemos a que teñen que ir a Palencia, por exemplo. No entanto, e recalcando o carácter positivo da iniciativa, aconsellámoslles que aproveiten para mandar a un deses campamentos ao seu compañeiro de partido, José Luis Rodríguez Zapatero. Vexan, senón, o dominio de ZP con inglés e francés, respectivamente. Espectacular, aínda que os vídeos xa teñen un tempo, pensamos que non foron moi difundidos, así que aproveitamos.
Nao, Caravan Palace, Lamatumbá, The Internacional Noise Conspiracy, Víctor Aneiros Band, Quempallou (por certo, autores da canción que agora mesmo escoitas), Pablo Milanés e Berrogüeto xa quedaron nun mesmo lugar nunhas mesmas datas. E ti, vas faltar?
Martes, 01 de xullo de 2008
Comezamos o mes con recomendacións, con dúas propostas ben interesantes. A primeira é esta curtametraxe en lingua portuguesa, que pensamos que xa ten o seu tempo pero que vimos de re-atopar na rede e aproveitamos para colgar aquí. Chámase a Illa das flores, dura uns dez minutos e, a pesar da duración, aconsellámosvos que a vexades até o final. Pode semellar confusa ao comezo, que non ten moito sentido, pero ten todo o sentido do mundo e o final é tremendo. Dá que pensar sobre o mundo que temos.
De segunda recomendación un novo artigo do xenial José Luis Sucasas. A este home váiselle atopando de cando en cando pola rede, e sempre que aparece é demoledor. O seu último artigo vén a conto de algo que xa temos falado aquí noutras ocasións, como é a suposta problemática de quen fala castelán en Galiza. De veras, o artigo é lapidario. A enorme retranca de Sucasas consegue obras mestras como estas. Para ler o artigo, clicade aquí.
Luns, 30 de xuño de 2008
Quizais non sexa un bo día para este comentario, ou quizais sexa o día. Nadar
contra a corrente pode considerarse un suicidio, mais no dialéctico debe considerarse un deber se non queremos quedar subsumidos no pensamento único, posto que “a corrente” (se entendemos como tal o aparello mediático sementador de opinión) camiña sempre no mesmo sentido da marcha, aínda que unhas veces, como é o caso, o faga cunha virulencia esaxerada. Falemos, entón, de fútbol, e de como algo tan banal se converte en santo e seña, arma violenta e arroxadiza do españolismo máis furibundo.
Comentarios Recentes